Victoria Moreno e unha das novelistas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre.
Buscar en este blog
domingo, 2 de junio de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Club lectura 4º Primaria
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...
-
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...
-
No grupo de lectura de 3º de ESO leron o libro de María Losada Vázquez, El club de los neurodivergentes. Ao longo da súa lectura foron el...
-
Xa está todo preparado para botar a andar un ano máis o noso club de lectura Lendo na Xunqueira Este é cadro cos participantes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario