Buscar en este blog

domingo, 18 de octubre de 2020

 POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA NO CURSO 2020-21

Un ano máis, e sobre todo este curso, queremos continuar coa nosa actividade do Club de Lectura, Lendo na Xunqueira. 

Estamos a preparar todo para comezar a partir do día 24 de outubro, o día das Bibliotecas!!!

Como ese día cae en sábado iniciaremos as actividades do club na seguinte semana. 

Iremos subindo aquí toda a información. 

Esta é a circular informativa que proporcionamos aos que desexan anotarse. Podes descargala aquí e traer asinada a autorización. Se eres nai, pai, titor/a dun alumno ou alumna do noso cole ou formas parte da nosa comunidade educativa de algunha maneira (persoal laboral, ex alumnos, antigos profesores, ...) podes anotarte no nos grupo de lectura de adultos enviando un email a marigonzalez@cpiaxunqueira.com ou a luciaprieto@cpiaxunqueira.com


 Animádevos a ler con nós!!!!!

Viaxaremos sen risco!!!


 

Un ano máis imos celebrar o

SAMAÍN NO CPI A XUNQUEIRA!!!!

👻💀📖🌰🍁

No blog de normalización tedes unha chea de actividades, información, contos, ... Animádevos e entrade a disfrutar delas!!!!

Aquí vos deixo os enlaces


Galicia encantada

Contos, xogos e música do Samaín

A orixe do Samaín galego 

As nosas tradicións galegas 

Tamén vos deixo aquí algunhas recomendacións lectoras para este tempo de outono que nos recomenda rede lectura e a asesoría de bibliotecas escolares 

3º Primaria

 Agora toca ler Bruxa e familia Os recreos dan para todo, merenda e lectura