Buscar en este blog

lunes, 1 de noviembre de 2021

COMEZAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA

 A semana do 25 de outubro comezamos as reunións do noso club de lectura"Lendo na Xunqueira" co gallo do día das bibliotecas escolares.

A rapazada e o profesorado membros do club están moi ilusionados co comezo das lecturas.





miércoles, 27 de octubre de 2021

domingo, 26 de septiembre de 2021

Novo curso e novas lecturas no club LENDO NA XUNQUEIRA!!!


 Un novo curso comeza cheo de ilusión e coa esperanza de ir deixando atrás as restricións provocadas pola Covid-19. 

Un ano máis queremos continuar coa actividade do noso club de lectura, que tan boa acollida ten todos os cursos. 

Dieixámosvos aquí a circular para que vos anotedes, por se aínda non a tedes. Cubrídea e entregádea no cole.

Nesta ciruclar aparecen tamén as direccións de correo electrónico ás que os pais/nais/titores e outros membros da comunidade educativa (ex-alumnos, ... ) podedes enviar a vosa solicitude se queredes formar parte do noso grupo de lectura de adultos. 

 

 

Animádevos!!!

Pasarémolo moi ben dándolle a palabra aos libros e comentándoos neste curso no que a biblioteca escolar ten a palabra. 

lunes, 28 de junio de 2021

Despedida e agasallos fin de curso


 Este curso foi un curso complicado, no que tivemos que mudar moitos dos hábitos que tiñamos. Non puidemos celebrar o roteiro literario nin a festa de fin de curso na biblioteca, pero non queriamos deixar acabar o curso sen agasallar aos membros do noso club e felicitalos polo seu compromiso e bo facer. 

Fixemos unha entrega de diplomas e regalamos unhas bolsas do noso club. Esperamos que lles gustaran. 






Títulos lidos no curso 2020-21

 Un ano máis chegamos ao final de curso. 

Os membros do noso club  foron grandes lectores e participaron nas reunións celebradas ao longo do curso. 

Deixámosvos aquí a lista con todos os títulos lidos neste ano en cada grupo de lectura.

Grazas a todos e a seguir disfrutando do pracer de ler. 


jueves, 11 de febrero de 2021

Encontro con Ana Barral

 


No club de lectura Lendo na Xunqueira seguimos a ler. 

Este mes de xaneiro tivemos o pracer, no grupo de lectura de adultos, de contar coa presenza da autora do libro de poesía que lemos,  Versos do desasosego.

A súa autora, Ana Barral, uniuse a nós na reunión online que tivemos o sábado 16 de xaneiro. 

Puidemos coñecer de primeira man as súas ideas e propostas acerca dos seus poemas e comentamos con ela as nosas impresións sobre o libro.

Foi un pracer contar con ela!!!

Moitas grazas Ana!!

3º Primaria

 Agora toca ler Bruxa e familia Os recreos dan para todo, merenda e lectura