Buscar en este blog
domingo, 2 de junio de 2019
A MEMORIA DA CHOIVA
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Club lectura 4º Primaria
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...
-
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...
-
No grupo de lectura de 3º de ESO leron o libro de María Losada Vázquez, El club de los neurodivergentes. Ao longo da súa lectura foron el...
-
Xa está todo preparado para botar a andar un ano máis o noso club de lectura Lendo na Xunqueira Este é cadro cos participantes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario