Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria preparan un conxuro para festexar o Samaín.
Buscar en este blog
miércoles, 27 de octubre de 2021
lunes, 18 de octubre de 2021
domingo, 26 de septiembre de 2021
Novo curso e novas lecturas no club LENDO NA XUNQUEIRA!!!
Un novo curso comeza cheo de ilusión e coa esperanza de ir deixando atrás as restricións provocadas pola Covid-19.
Un ano máis queremos continuar coa actividade do noso club de lectura, que tan boa acollida ten todos os cursos.
Dieixámosvos aquí a circular para que vos anotedes, por se aínda non a tedes. Cubrídea e entregádea no cole.
Nesta ciruclar aparecen tamén as direccións de correo electrónico ás que os pais/nais/titores e outros membros da comunidade educativa (ex-alumnos, ... ) podedes enviar a vosa solicitude se queredes formar parte do noso grupo de lectura de adultos.
Animádevos!!!
Pasarémolo moi ben dándolle a palabra aos libros e comentándoos neste curso no que a biblioteca escolar ten a palabra.
lunes, 28 de junio de 2021
Despedida e agasallos fin de curso
Este curso foi un curso complicado, no que tivemos que mudar moitos dos hábitos que tiñamos. Non puidemos celebrar o roteiro literario nin a festa de fin de curso na biblioteca, pero non queriamos deixar acabar o curso sen agasallar aos membros do noso club e felicitalos polo seu compromiso e bo facer.
Fixemos unha entrega de diplomas e regalamos unhas bolsas do noso club. Esperamos que lles gustaran.
Títulos lidos no curso 2020-21
Un ano máis chegamos ao final de curso.
Os membros do noso club foron grandes lectores e participaron nas reunións celebradas ao longo do curso.
Deixámosvos aquí a lista con todos os títulos lidos neste ano en cada grupo de lectura.
Grazas a todos e a seguir disfrutando do pracer de ler.
jueves, 11 de febrero de 2021
Encontro con Ana Barral
No club de lectura Lendo na Xunqueira seguimos a ler.
Este mes de xaneiro tivemos o pracer, no grupo de lectura de adultos, de contar coa presenza da autora do libro de poesía que lemos, Versos do desasosego.
A súa autora, Ana Barral, uniuse a nós na reunión online que tivemos o sábado 16 de xaneiro.
Puidemos coñecer de primeira man as súas ideas e propostas acerca dos seus poemas e comentamos con ela as nosas impresións sobre o libro.
Foi un pracer contar con ela!!!
Moitas grazas Ana!!
sábado, 12 de diciembre de 2020
Reunión dos grupos de lectura
O grupo de 2º ESO reuniuse na biblioteca, gardando todas as medidas sanitarias, a primeira semana de decembro para comentar o libro que están a ler, Nunca seré tu héroe.
Tamén neste mes de decembro se volveu a reunir o grupo de lectura de adultos, pero tivo que ser unha reunión telemática debido ás restriccións pola pandemia da Covid-19.Comentamos o libro titulado Fierro que lemos para comezar o club este curso.
A próxima lectura será El regalo de Eloy Moreno e un pequeno poemario recén publicado da nosa compañeira Ana Barral: Poemas do desasosego.
Lecturas e traballos alumnado de 4º EP
O alumnado de 4º EP estivo traballando moito durante este curso. Aquí deixamos unha escolla dos traballos máis representativos. Kamishibais:...
-
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...
-
O alumnado de 3º EP estivo a ler o libro La tía Papucha. Compartir a lectura, unha maneira de disfrutar do libro e do grupo.





