Buscar en este blog

martes, 3 de mayo de 2022

Roteiro literario Carvalho Calero 2022

 

Os nosos alumnos e alumnas do club de lectura Lendo na Xunqueira disfrutaron hoxe, día 03 de maio, do roteiro literario sobre Carvalho Calero diseñado pola nosa compañeira Begoña. 

Dende as 9 da mañá recorreron os lugares máis importantes na vida deste coñecido escritor ferrolán e aprenderon moito tamén sobre os barrios máis antigos e coñecidos de Ferrol: Ferrol Vello, A Magdalena, Canido. 

O programa que seguiron foi:  

 

1.- CASA DO ESCRITOR NO PORTO


A continuación tedes os videos coas lecturas que deron inicio a este roteiro diante da casa natal do escritor. A presentación faina Emma, alumna de 6º e despois len nenos e nenas do club de 4º de primaria
 

 

2.- IGREXA  DO SOCORRO



Estes son os videos coas lecturas do membros do club de 3º, 4º e 5º de primaria.


 




3.- PRAZA DE AMBOAXE EN FERROL

 

Aproveitando que esta próxima fin de semana se celebra o concurso de piano, tocaron o piano nesta praza de Amboaxe

Deixamos aquí o vídeo coas lecturas do alumnado de primeiro de ESO


 

4.- CONCELLO DE FERROL 

O alumnado de 2º ESO fala da súa volta a Ferrol neste vídeo



  

5.- CANIDO: BARRIO DAS MENINAS



 

 

 No Barrio de Canido, coas Meninas de fondo, realizamos as últimas lecturas sobre o autor da man dos nosos lectores de 3º e 4º de ESO 

Facemos un último vídeo para despedir este roteiro que tan boa experiencia nos deixou


 

Pasárono xenial e coñeceron moitas cousas sobre este insigne escritor ferrolán e a súa cidade.  

Deixámosvos aquí os diferentes textos que leron cada un dos membros do club por se estades interesados. 


Club lectura 4º Primaria

O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado  da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...