No club de lectura Lendo na Xunqueira seguimos a ler.
Este mes de xaneiro tivemos o pracer, no grupo de lectura de adultos, de contar coa presenza da autora do libro de poesía que lemos, Versos do desasosego.
A súa autora, Ana Barral, uniuse a nós na reunión online que tivemos o sábado 16 de xaneiro.
Puidemos coñecer de primeira man as súas ideas e propostas acerca dos seus poemas e comentamos con ela as nosas impresións sobre o libro.
Foi un pracer contar con ela!!!
Moitas grazas Ana!!