A semana do 25 de outubro comezamos as reunións do noso club de lectura"Lendo na Xunqueira" co gallo do día das bibliotecas escolares.
A rapazada e o profesorado membros do club están moi ilusionados co comezo das lecturas.
A semana do 25 de outubro comezamos as reunións do noso club de lectura"Lendo na Xunqueira" co gallo do día das bibliotecas escolares.
A rapazada e o profesorado membros do club están moi ilusionados co comezo das lecturas.
Un ano máis queremos continuar coa actividade do noso club de lectura, que tan boa acollida ten todos os cursos.
Dieixámosvos aquí a circular para que vos anotedes, por se aínda non a tedes. Cubrídea e entregádea no cole.
Nesta ciruclar aparecen tamén as direccións de correo electrónico ás que os pais/nais/titores e outros membros da comunidade educativa (ex-alumnos, ... ) podedes enviar a vosa solicitude se queredes formar parte do noso grupo de lectura de adultos.
Animádevos!!!
Pasarémolo moi ben dándolle a palabra aos libros e comentándoos neste curso no que a biblioteca escolar ten a palabra.
Este curso foi un curso complicado, no que tivemos que mudar moitos dos hábitos que tiñamos. Non puidemos celebrar o roteiro literario nin a festa de fin de curso na biblioteca, pero non queriamos deixar acabar o curso sen agasallar aos membros do noso club e felicitalos polo seu compromiso e bo facer.
Fixemos unha entrega de diplomas e regalamos unhas bolsas do noso club. Esperamos que lles gustaran.
Un ano máis chegamos ao final de curso.
Os membros do noso club foron grandes lectores e participaron nas reunións celebradas ao longo do curso.
Deixámosvos aquí a lista con todos os títulos lidos neste ano en cada grupo de lectura.
Grazas a todos e a seguir disfrutando do pracer de ler.
No club de lectura Lendo na Xunqueira seguimos a ler.
Este mes de xaneiro tivemos o pracer, no grupo de lectura de adultos, de contar coa presenza da autora do libro de poesía que lemos, Versos do desasosego.
A súa autora, Ana Barral, uniuse a nós na reunión online que tivemos o sábado 16 de xaneiro.
Puidemos coñecer de primeira man as súas ideas e propostas acerca dos seus poemas e comentamos con ela as nosas impresións sobre o libro.
Foi un pracer contar con ela!!!
Moitas grazas Ana!!
O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...