Buscar en este blog

jueves, 28 de mayo de 2020

BIBLIOTECA A XUNQUEIRA






INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS USUARIOS DA BIBLIOTECA DO CPI A XUNQUEIRA


DEVOLUCIÓN DOS LIBROS QUE TEMOS EN PRÉSTAMO DO CURSO 2019-20 
Os titores recollerán os libros que o alumnado tiña na casa
cando veñan devolver os libros de préstamo.
Os libros recollidos depositaranse nunha caixa pechada
durante 14 días antes de volver a colocalos no seu andel.

PRÉSTAMO PARA O VERÁN
Se algún alumno ou alumna quere levar algún libro da biblio para o verán seguirá o seguinte proceso:

1.- Consulta os libros dispoñibles na páxina da biblioteca:

2.-Envía un correo a luciaprieto@cpiaxunqueira.com 
onde indica os títulos escollidos.

3.- O día que se vén matricular ao colexio recolle 
o seu pedido no momento de facer a matrícula.

Ánimo e feliz verán!

martes, 26 de mayo de 2020

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2020

Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, fai pública a Resolución de 23 de abril de 2020 pola que se recoñece a Andrea Maceiras co Premio dos Clubs de Lectura 2020. 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández
Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro
(2018) e María Reimóndez (2019).
Andrea Maceiras é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. A súa última novela, Conta nove estrelas, obtivo o Premio Lazarillo 2018. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, O que sei do silencio e Europa express están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2018/2019. 
 

 

Club lectura 4º Primaria

O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado  da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...