Buscar en este blog

sábado, 12 de diciembre de 2020

Reunión dos grupos de lectura

 O grupo de 2º ESO reuniuse na biblioteca, gardando todas as medidas sanitarias, a primeira semana de decembro para comentar o libro que están a ler, Nunca seré tu héroe.


Tamén neste mes de decembro se volveu a reunir o grupo de lectura de adultos, pero tivo que ser unha reunión telemática debido ás restriccións pola pandemia da Covid-19.Comentamos o libro titulado Fierro que lemos para comezar o club este curso. 

A próxima lectura será El regalo de Eloy Moreno e un pequeno poemario recén publicado da nosa compañeira Ana Barral: Poemas do desasosego.

domingo, 22 de noviembre de 2020

Reunión do grupo de 1º ESO B

 Xa está en marcha o club dende o día das bibliotecas.

Esta semana viñeron á biblioteca  facer a súa reunión os integrantes do grupo de lectura de 1º ESO B

Están a ler Veinte mil leguas de viaje submarino de Julio Verne

 



jueves, 12 de noviembre de 2020

MATERIAIS DO CLUB PARA O CURSO 2020-21

 Comezamos un ano máis a andadura, con moita ilusión pero tamén incerteza sobre o de
senvolvemento deste curso que se presenta diferente debido á situación sanitaria xerada pola pandemia da Covid-19.

Estes son os materiais que entregamos ao comezo das nosas actividades a todos os membros do club. 

Ademáis entregamos unha libreta para elaborar o diario de lectura e unha carpeta para gardar os materiais e o libro.

domingo, 18 de octubre de 2020

 POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA NO CURSO 2020-21

Un ano máis, e sobre todo este curso, queremos continuar coa nosa actividade do Club de Lectura, Lendo na Xunqueira. 

Estamos a preparar todo para comezar a partir do día 24 de outubro, o día das Bibliotecas!!!

Como ese día cae en sábado iniciaremos as actividades do club na seguinte semana. 

Iremos subindo aquí toda a información. 

Esta é a circular informativa que proporcionamos aos que desexan anotarse. Podes descargala aquí e traer asinada a autorización. Se eres nai, pai, titor/a dun alumno ou alumna do noso cole ou formas parte da nosa comunidade educativa de algunha maneira (persoal laboral, ex alumnos, antigos profesores, ...) podes anotarte no nos grupo de lectura de adultos enviando un email a marigonzalez@cpiaxunqueira.com ou a luciaprieto@cpiaxunqueira.com


 Animádevos a ler con nós!!!!!

Viaxaremos sen risco!!!


 

Un ano máis imos celebrar o

SAMAÍN NO CPI A XUNQUEIRA!!!!

👻💀📖🌰🍁

No blog de normalización tedes unha chea de actividades, información, contos, ... Animádevos e entrade a disfrutar delas!!!!

Aquí vos deixo os enlaces


Galicia encantada

Contos, xogos e música do Samaín

A orixe do Samaín galego 

As nosas tradicións galegas 

Tamén vos deixo aquí algunhas recomendacións lectoras para este tempo de outono que nos recomenda rede lectura e a asesoría de bibliotecas escolares 

Club lectura 4º Primaria

O alumnado de 4º de EP está a ler El caso del castillo encantado  da colección Los buscaPistas. Encantados realmente están eles, non hai mái...